• pavillón polideportivo A Capela
    A Capela

    A Capela é

    Servizos e Dotacións para os veciños. Confort de vida.

  • fervenza no Sesín

    A Capela é

    Natureza viva. Calidade de vida.

  • Conxunto Mosteiro de Caaveiro

    A Capela é

    Patrimonio histórico. Historia da vida.


Noite no Mosteiro 2021

O evento "Noite no Mosteiro" ten como obxectivo poñer en valor o principal recurso turístico do concello de A Capela: o mosteiro de Caaveiro, así como fomentar e dar a coñecer a cultura e tradicións populares deste Concello.

O acto principal terá lugar á noite, e consiste no acendido da iluminación escénica do Mosteiro de Caaveiro, creando unha estampa que varía en cada edición. As imaxes circularán por Internet, chegando a calquer punto do planeta.

A asistencia é libre e gratuita.

Prégase o máximo respeto e coidado do conxunto arquitectónico e da sua contorna.   

O programa (provisional) é o seguinte:

  • Ás 21:30h: concerto "BOJ"
  • Ás 23:00h: Acendido da iluminación
  • Ás 24:00h: show iluminación musicada
  • Ás 24:00h: performance "As damas das flores"
  • Á 24:15h: peche do evento

O evento está organizado polo Concello da Capela, co financiamento da Deputación da Coruña.

NOTA: Horarios estimativos. O Programa pode presentar cambios por motivos imprevistos.

Cómo Chegar. Protocolo COVID:

A circulación e o acceso ao mosteiro por Ombre (Pontedeume) non están permitidos debido ás drásticas limitacións de aforo por mor da COVID.

A única forma para ir ao evento é en Autobús, por A Capela:

O Concello da Capela ofrece un servizo gratuito de autobús dende As Neves ata a entrada ao Camiño Novo. Desde aí hai que seguir a pé por un camiño ancho de zahorra e pedra durante uns 3Km. Os últimos 200 metros son por sendeiro non apto para persoas de mobilidade reducida. É necesario levar linterna e calzado axeitado para camiñar polo monte

INSTRUCCIÓNS PARA ASISTIR:

  • Rexístrate nesta ligazón para asistir.
  • Unha vez cumprimentado o rexistro, garda no móvil ou imprime a reserva que recibirás por email. Deberás presentalo á porta do autobús, donde escanearán o código.
  • Si algunha persoa rexistrada non se presenta ou chega tarde, o seu posto será ocupado por outra persoa que esté presente, que será rexistrada no momento.
  • Os autobuses sairán de diante da Casa do Concello ás 20:00h, e o regreso será ao rematar o evento.

NO EVENTO SERÁ OBRIGATORIO O USO DA MASCARA E MANTER A DISTANCIA SOCIAL EN TODO MOMENTO. NON SE PERMITE BEBER FORA DA CANTINA.

Lamentamos as molestias pero debemos seguir gardando unhas medidas de prevención frente á pandemia, polo que rogamos colaboración e comprensión.

WEB OFICIAL DO EVENTO