
Servizos sociaisConcello da Capela
O Servizo Social, conforma un dos pilares fundamentais nos que se basea o programa do actual grupo de Goberno do Concello da Capela, e ao que se adica unha boa parte do presuposto municipal.
O equipo de Servizos Sociais está formado por unha Traballadora Social e duas traballadoras de axuda no fogar da plantilla municipal, e outras catro traballadoras contratadas a unha empresa externa.
Dito equipo adicase ás tarefas de axuda no fogar e axudas á dependencia, asi como a realizar tarefas de información e asesoramento en materias de exclusión social, maltrato, acoso, etc.
Para calquera consulta, podese acudir ás oficiñas de Servizos Sociais situadas no baixo da Casa do Concello.