Novas

Resultado do VI Concurso de receitas con Requeixo

Publicado por Concello da Capela o 31.08.2011
Novas >>

O día 26 de agosto 2011, celebróuse o VI concurso de receitas con requeixo, enmarcado na 23ª Festa do Requeixo de A Capela. O concurso tivo lugar no restaurante "Casa Pepe" de As Neves, e o xurado estivo composto por:

- Manuela Permuy (Presidenta da Cooperativa "Campo Capela")

- Ana Lago (en representación de GADIS, patrocinador do Concurso)

- J. Luis Martin (experto en queixos e monitor do Taller de cata e gastronomía do queixo realizado durante esta seman na Coop. "Campo Capela" dentro dos actos da Festa do Requeixo)

- José Diaz Meizoso (propietario do restaurante "Casa Pepe")

O resultado final do concurso foi:

na Categoría de salgados:

- 1º premio

 Rocio Permuy, coa receita "Tarta de requeixo salgada con bacon"

- 2º premio

Josefa Seco, coa receita "Coctel de aguacate con requeixo, marisco e salsa rosa"

na categoría de doces:

- 1º premio

Mª Teresa Martinez, coa receita "Requeixo cremoso con melocotón"

- 2º premio

Olga Galdo, coa receita "Mouse de requeixo con xelatina de mel"

Moitas gracias a todolos participantes, xurado, patrocinadores e publico, e noraboa aos gañadores

O xurado có Alcalde de A Capela: Ana Lago, J.Luis Martin, Manuela Permuy, Manuel Meizoso  e J.Diaz Meizoso

1º premio pratos salgados: Rocío Permuy

2º premio pratos salgados: Josefa Seco

1º premio pratos doces: Mª Teresa Martinez

2º premio pratos doces: Olga Galdo

Concursantes e público esperando a decisión do xurado

 

Xurado e concursantes ao final do Concurso

 

 

 

 

 

 

 

 

1º premio pratos doces                                                1º premio pratos salgados

Ultimo cambio: 01.09.2011 a las 14:17

Volver