• Español
A Capela e: Entorno Natural
A Capela son: Servizos e Dotacións
A Capela e: Patrimonio

Participación cidadá

Regulamento de Participación veciñal

Publicado por Concello de A Capela el 19.08.2011
Participación cidadá >>

 

No BOP nº1 de 2 de xaneiro de 2012, publicouse o texto definitivo do Regulamento de Participación Veciñal, que estará, polo tanto, en vigor a partir do día 3 de xaneiro de 2012.

REGULAMENTO DE PARTICIPACION VECIÑAL – A CAPELA
 
DISPOSICIÓNS XERAIS
 
ARTIGO 1.-
O Obxecto do presente Regulamento é  o establecemento das formas, medios e procedementos de información e participación do vecindario e Entidades ás que se refire o artigo 72 da Lei 7/1985, de 2 de abril na xestión municipal.
 
 
ARTIGO 2.-
A aplicación do presente Regulamento pretende acadar os seguintes obxectivos:
Facer efectivos os dereitos veciñais recollidos na LBRL
Facilitar a máis ampla información sobre as actividades e a xestión municipal.
Facilitar e promover a iniciativa e participación dos veciños e Entidades na xestión municipal.
Fomentar a vida asociativa no Concello e no conxunto das parroquias do Término Municipal
 
 
CAPITULO I. DO REXISTRO MUNICIPAL DE ENTIDADES
(RME)
 
ARTIGO 3.-
Poderán inscribirse no RME todas aquelas Entidades legalmente constituidas, de funcionamento democrático e sen ánimo de lucro, cuxo marco territorial de actuación sexa o Concello da Capela e que teñan como obxectivo fundamental a defensa, fomento e mellora dos intereses xerais ou sectoriais do vecindario.
 
 
ARTIGO 4.-
A inscrición no RME será requisito imprescindible para o pleno exercicio dos dereitos recoñecidos ás Entidades no presente Regulamento
 
 
ARTIGO 5.-
a) O Rexistro estará ó cargo da Secretaría do Concello e os seus datos serán públicos.
b) As solicitudes de inscrición presentaranse polas Entidades interesadas no Rexistro do Concello debendo aportar a seguinte documentación:
Acta fundacional
Estatutos da Entidade
Nº de inscición no Rexistro Xeral de Asociacións e noutros rexistros públicos.
Datos de identificación das persoas que ocupan cargos directivos.
Domicilio Social  e CIF da Asoc.
Presuposto e memoria de actividades do ano en curso
Certificación do nº de persoas asociadas
 
ARTIGO 6.-
Unha vez entregada toda a documentación, O Concello notificará á Entidade (no tempo máis breve posible) o seu número de inscrición e a partir dese momento considerase de alta  a todolos efectos.
 
ARTIGO 7.-
As entidades notificarán ó Concello as modificación que se produzan respecto aos datos de inscrición.
No primeiro trimestre de cada ano, as entidades inscritas comunicarán ao Concello o presuposto e programa anual de actividades previstos.
 
ARTIGO 8.-
 O incumprimento das obrigas contempladas nos artigos anteriores poderá dar lugar á baixa da entidade ou asociación no RME, coa correspondente perda de dereitos.
 
 
 
 
CAPITULO II. DA INFORMACIÓN MUNICIPAL
 
ARTIGO 9.-
Sen prexuizo do dereito xeral de acceso á información e participación de toda a cidadanía (artigo 69 da LBRL), as entidades rexistradas gozarán, dos seguintes dereitos:
a) Dispoñer das convocatorias, ordes do día e actas dos Plenos da Corporación Municipal, que se lles farán chegar mediante correo electrónico e/ou correo convencional.
b) Empregar locais e instalacións de propiedade municipal para a realización das actividades propias da entidade, coas limitacións que supoña o Regulamento de uso de locais Municipais que aprobe o Concello no seu día.
c) As entidades inscritas no RME poderán solicitar do Concello a compensación das cantidades que lles sexan liquidadas en concepto de pago de tributos municipais.
 
 
CAPITULO III. DA INICIATIVA POPULAR
 
ARTIGO 10.-
A cargo do Rexistro Xeral do Concello existirá un Libro de Queixas e Reclamacións a disposición de todo o vecindario.
 
ARTIGO 11.-
A Concellería responsable da área de Participación  será a encargada de:
a) Facilitar información relativa ó funcionamento do Concello, actuacións municipais e dereitos cidadáns.
b) Coordinar toda a actividade municipal relacionada coa información á cidadanía e, en especial, o seguimento das iniciativas, queixa e reclamacións presentadas polo vecindario ou Entidades, que serán contestadas no prazo dun mes.
 
 
 
 
 
ARTIGO 12.-
As convocatorias e ordes do día das sesións do Pleno da Corporación Municipal faránse públicas nos taboleiros de anuncios do Concello distribuidos polas parroquias.
 
 
ARTIGO 13.-
Informaráse a todo o vecindario das actividades que organice o Concello; asi como, das convocatorias de axudas e ofertas de emprego que realice o Concello. Serán obxecto dunha divulgación especifica (edición dun boletín informativo) os grandes temas municipais: Presupostos, ordenanzas fiscais, etc.
 
CAPITULO IV. DA INICIATIVA POPULAR
 
ARTIGO 14.-
Todo cidadán, Asociación ou Entidade ten deretio a presentar iniciativas e propostas de actuación municipais convenientemente justificadas. Cando as solicitudes vaian avaladas por máis do 10% das persoas inscritas no censo electoral (mediante sinaturas identificadas e D.N.I.) serán obligatoriamente discutidas no Pleno Municipal
 
 
CAPITULO V. DA CONSULTA CIDADÁN
 
ARTIGO 15.-
O Concello, de acordo co Artigo 71 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladoras das Bases de Réxime Local, poderá someter a consulta popular os asuntos da competencia propia municipal e de carácter local que sexan especialmente relevantes para os intereses dos veciños, excepto os relativos á Facenda Local.
 
 
CAPITULO VI. DA PARTICIPACIÓN NOS ORGANOS MUNICIPAIS
 
ARTIGO 16.-
As sesións do Pleno Municipal son públicas. Non son públicas as sesións da Xunta de Goberno Local nen as Comisións Informativas.
 
 
ARTIGO 17.-
Calquera entidade que figure inscrita no Rexistro Municipal poderá manifestar a súa opinión por medio dun representante nun debate do Pleno Municipal sempre que o solicite por escrito con 5 dias de antelación.
 
 
ARTIGO 18.-
Calquer veciño ou entidade terá deretio a expresar o seu punto de vista sobre asuntos da vida municipal nun turno que, moderado polo Alcalde, se abrirá ó remate de cada Pleno Ordinario. Para exercer este dereito será necesario entregar por escrito con 72 h. de antelación, no Rexistro Municipal, as preguntas, rogos ou propostas que se formulen, que en ningún caso se someterán a votación.
 
 
 
 
CAPITULO VII. DAS ASAMBLEAS DE VECIÑOS
 
ARTIGO 19.-
A Asamblea de veciños é un órgano de participación directa de carácter informativo e consultivo respecto da actuación municipal.
 
 
ARTIGO 20.-
a) A Asamblea poderá ser municipal ou parroquial.
b) A Asamblea será convocada polo Alcalde, por acordo da maioría do Pleno  ou por solicitude asinada por un mínimo do 5% das persoas inscritas no censo electoral do Concello ou da parroquia correspondente.
 
ARTIGO 21.-
Cando a Asamblea sexa convocada por solicitude asinada con nome e D.N.I. por un mínimo de 5% das persoas inscritas no censo electoral do Concello ou da parroquia correspondente, considerarase válidamente constituida cando no local consignado na convocatoria, coa presencia de dous membros da Corporación como mínimo, e baixo a presidencia dun deles, esteñan presentes un número de persoas equivalente ó 5% do censo electoral do Concello ou da parroquia correspondente.
 
ARTIGO 22.-
A Asamblea adoptará os seus acordos por maioría simple, acordos que serán comunicados ó Pleno da Corporación na primeira sesión ordinaria que se celebre.
 
 
CAPITULO VIII. DO CONSELLO DE PARTICIPACIÓN VECIÑAL
 
ARTIGO 23.-
O Consello de participación veciñal (CPV) é un órgano de participación, información, seguimento, control e proposta da xestión municipal, referida ós distintos sectores da actuación no que o Concello ten competencia.
O CPV crearáse por acordo plenario.  A súa organización, composición e ámbito de actuación serán establecidos no correspondente acordo plenario.
 
 
ARTIGO 24.-
O CPV estará integrado polos seguintes membros:
O Presidente: O Alcalde ou persoa en quen delegue
O Concelleiro delegado da Area de  Participación veciñal.
Un membro de cada grupo politico con representación no Concello.
Un funcionario do Concello, con voz e sen voto, nomeado polo Alcalde, que exercerá como Secretario do CPV.
Un representante de cada Entidade inscrita no RME.
Eventualmente poderán participar con voz e sen voto aqueles sectores, entidades ou persoas, cuxa presencia se estime necesaria para o tratamento de determinados temas, podendo ser requeridos a instancia do propio Concello, ou asistir por solicitude propia sempre e cando se admita pola maioría do Consello.
 
 
 
 
ARTIGO 25.-
Serán funcións do CPV:
Presentar iniciativas, propostas ou suxerencias ó Concello, sobre calquera área de competencia municipal,  para ser discutidas nos órganos Colexiados Municipais.
Estudiar, antes da súa aprobación polo Pleno, o presuposto municipal e outros asuntos de especial importancia.
Ser consultado e emitir informe non vinculante, antes da súa aprobación polo Pleno, sobre as bases para a concesión de subvencións ás entidades sen animo de lucro.
 
ARTIGO 26.-
O Consello celebrará un mínimo de duas reunións anuais. Será ordinariamente convocado polo Presidente, ou por solicitude de dous tercios dos seus membros.
 
ARTIGO 27
Consideraráse constituido en primeira convocatoria coa presenza da metade dos membros, e en segunda convocatoria calquera que sexa o número de asistentes.
 
 
O CPV adoptará os seus acordos por maioría simple.
 
ARTIGO 28.-
Cando algún membro do Consello non acuda por tres veces consecutivas, sen causa justificada será sustituido da súa responsabilidade
 
 
 
DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS
 
PRIMEIRA:
Aprobado este Regulamento de Participación Veciñal, o CPV constituiráse no prazo de 1 mes.
 
SEGUNDA:
As Entidades que actualmente figuran inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións están exentas de realizar os trámites establecidos no apdo.b) do artigo 5 do presente Regulamento.
 
TERCEIRA:
En calquera momento poderáse propoñer a modificación deste Regulamento de forma que se poida axustar máis á realidade e as necesidades do Municipio.
 
DISPOSICIÓN FINAL
O presente regulamento entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no BOP
 

Ultimo cambio: 02.01.2012 a las 21:00

Volver