Novas

Dez anos de Museo Etnográfico

Publicado por Concello de A Capela o 22.11.2011
Novas >>

Cumplense dez anos da fundación da Asociación "Patronato do Museo Etnográfico da Capela" por iniciativa do CEIP Mosteiro de Caaveiro e o Concello da Capela. O Concello, representado na Xunta Directiva polo Presidente e o Tesoreiro, impulsóu dende o primeiro momento o proxecto, que considera dunha enorme importancia pola súa labor Cultural en xeral e concretamente no eido da Etnografía, e polo fomento que en todas as suas actividades fai dos valores mediambientais e de sostenibilidade.

É por tanto intención do Concello continuar có seu apoio económico e loxistico para a consecución dos obxectivos que hai dez anos  marcaron nos estatutos as institucións e asociacións de A Capela fundadoras do xa amplamente recoñecido "Museo da Capela".

Dende a Presidencia da Asociación, o Concello da Capela quere dar as gracias a todas as persoas e entidades que ao longo destos anos, colaboraron, ben economicamente ou ben co seu traballo, doando pezas, participando nas actividades, etc., para que o Museo da Capela goce na actualidade dun importante recoñecemento publico.

Convidamos a todos os veciños e amigos a participar nas actividades que terán lugar o día 26 de novembro de 2011 para conmemorar este aniversario:

 

Ultimo cambio: 14.02.2012 a las 11:36

Volver