• pavillón polideportivo A Capela
    A Capela

    A Capela é

    Servizos e Dotacións para os veciños. Confort de vida.

  • fervenza no Sesín

    A Capela é

    Natureza viva. Calidade de vida.

  • Conxunto Mosteiro de Caaveiro

    A Capela é

    Patrimonio histórico. Historia da vida.


O I Trail do Mosteiro de Caaveiro ten por obxectivo divulgar o patrimonio arquitectónico, histórico e paisaxístico do noso concello, a través da práctica do deporte e en contato directo coa natureza.

Consta de duas probas puntuables, o trail curto e o trail longo, e unha proba libre, a andaina.

O TRAIL LONGO ten un percorrido total de 22 km cun desnivel acumulado de 2.400 mtrs, e cun trazado de auténtico rompepernas en palabras dos corredores máis expertos.

PERFIL TRAIL LONGO

O TRAIL CURTO ten un percorrido total de 12 Km, cun desnivel acumulado de 1400 mtrs.

perfil trail curto

A andaina ten un percorrido non competitivo de 10 Km

Tódolos percorridos transcorren polas Fragas do Eume, con paso obrigado polo Mosteiro de Caaveiro, xoia patrimonial do Concello da Capela.

A Saída será xunto o aparcamento de Casa Toñita e a meta estará situada no pavillón do colexio.

Haberá alomenos 3 puntos de estacionamento gratuito:

  1. No aparcadoiro de Casa Peizás: asfaltado
  2. Na explanada do portal das Fragas: de zaorra
  3. No patio e explanada co colexio: asfaltado.

Estará prohibido o aparcamento diante do Concello e xunto á piscina, por ser zonas destinadas para os veículos de organización e de emerxencias.

INSCRICIÓN ABERTA ATA O 15 DE NOVEMBRO ou ata compretar as prazas.

INSCRÍBETE AQUÍ

Para descargar o regulamento do Trail, podes facelo neste enlace:

REGULAMENTO TRAIL

Para máis información, faite seguidor na páxina de Facebook: AQUI

 Establecementos colaboradores:

Onde xantar:

Os seguintes establecementos colaboran có trail ofrecendo un MENÚ ESPECIAL TRAIL a un precio pechado de 15 euros. Ë imprescindible reservar con antelación antes de 17 de Novembro.

- Casa Toñita:

As Neves. Tlf 981.459.035

- Casa Pepe:

As Neves. Tlf 981.459.010

- Casa Peizás:

Lugar A Estoxa. Tlf: 981.492.406

- Mesón O Pazo:

Lugar O Pazo,12. Tlf 981.459.506

Onde durmir:

- Hotel Fragas do Eume

Lugar A Estoxa. Tlf: 981.492.406

www.hotelfragadoeume.com

- Casa Lagoa (turismo rural)

Aldea Lagoa 6. Tlf: 981.459.281

https://casalagoa.com

- Casa Castoar (turismo rural)

Lugar Teixeira, 8. Tlf: 981.459.115

www.castoar.com

Qué visitar:

- Museo etnográfico: abrirá pola mañá, de 11:30 a 13:30h e, de xeito especial para ese día, de 16:00 a 19:00h.

Atópase no lugar de O Pazo. Esta é a súa web: http://www.museodacapela.org/

- Parque etnográfico de Río Sesín: por él pasará a proba.Poderedes ver os carboeiros e os muiños

Atópase á beira da estrada que conduce á central da Ventureira.

- Área recreativa de Formariz: con área de merendoiro e ruta á beira do río.

- Serra do Forgoselo: coas mámoas