• Español
A Capela e: Entorno Natural
A Capela son: Servizos e Dotacións
A Capela e: Patrimonio

ruta Mais Alá dos Eidos

Da Casa do Pazo ao Parque Etnográfico do Sesín

"Home e natureza... un pacto non escrito"

1.-Visitaremos a Casa do Pazo (Museo etnográfico da Capela)

2.-Logo de visitar o contorno da Casa do Pazo (lavadoiro, Igrexa Parroquial de Santiago da Capela,..) iniciamos a ruta observando a interrelación entre a paisaxe agricola (terras de labor, prados de sega, sebes, valados...) e os seres humanos, escenario de harmonía natural e histórica.

3.-Adentrámonos no monte no que predomina o mato (toxo, queirugais, ...) para achegármonos ás penas da Aira de Mallar onde nos sorprenderán as plantillas esculpidas na rocha polos canteiros para labrar as pezas dos fornos. A uns metros atopámonos coa Pena dos Mosqueiros onde contemplaremos cazoliñas, cruces de demarcación,.. e unha impresionante vista do Canón e das Fragas do Eume.

4.-Volvemos ao Gunxel "antigo", unha aldea de casarío denso con interesantes mostras de arquietectura popular da zona.

5.-Chemamos ao Parque Etnográfico do Sesín. Un percorrido onde se rende homenaxe aos homes e mulleres qaue durante séculos souberon explotar os recursos que o Medio lle ofrece - máis alá dos eidos - dun xeito racional, sen esgotalo nin destruilo. Froito desa intervención milenaria quedounos un rico patrimonio etnográfico vencellado á explotación deses recursos: as foias decarbón, osoutelo, a recollida de plantas, cortizas, mel,... e interesantes mostras da arquitectura popular: muiños, presas, regos de levada, curripas, pontes.

6.-Chegados á ponte viramos á esquerda por un antigo camiño real. En pasando o lavadoiro atravesamos o Gunxel "novo", unha aldea xurdida a carón da estrada da Central, cara o Pazo.

E se queda tempo podemos acercarnos a:

  • As penas do Cervo e do Redondo, dous impresionantes bolos graníticos separados por un corredor.
  • A aldea de Paces seguindo o camiño real desde a ponte.