ruta do canón do Eume

"Os sons do bosque"
1.-Desde a aldea de Teixido adentrámonos nas Fragas cara a Recámara da antiga Central da Ventureira. Pasaremos polo Retorno (ruinas dun antigo almacén) onde podemos contemplar unha curripa de lastras semiderruida.
2.-Á recámara chegan os dous canais que abastecian a agua para mover as turbinas da Central (principios do século XX). O da dereita levarános á fermosa fervenza de Teixido (un 300 m) e o outro ao pé do encoro do Eume. O percorrido polo mesmo (un 4 km.) permitirános admirar a obra faraónica realizada para construir esta canle na montaña e sobre todo congtemplar o río descolgado en caída libre sobre o profundo canón escavado polo mesmo. Nas súas beiras e nas abas da montaña impresionantes fragas onde millóns de polas acubillan a miles de criaturas de case todas as formas e tamaños.
3.-Reparemos no rocódromo natural sobre o canal onde podemos albiscar cabras monesas.
4.-Se temos folgos, á volta podemos baixar ata o leito do río e camiñar por él.
¡¡ Este sendeiro non é recomendable para nenos e persoas con vertigo. Hai que realizalo con moita precaución debido ao estreito do sendeiro e a altura pola que descorre !!
E se queda tempo podemos acercarnos a:
- O Encoro do Eume
- Se nos acercamos a Vilariño, podemo subir ao Mirador do Eume cunha impresionante vista sobre o canón.




