• Español
A Capela e: Entorno Natural
A Capela son: Servizos e Dotacións
A Capela e: Patrimonio

ruta de Caaveiro

 

"Ecos dunha extraordinaria hitoria que toma singular brio na época medieval"

1.-Contemplamos a Igrexa parroquial de Santiago de Capela (S.XII) de planta románica na que destaca a torre campanario á que se accede desde o exterior mediante  unha escaleira de pedra que torna de caracol no seu interior e o adro cun fermoso cruceiro.

2.-Polo antigo camiño medieval adentrámonos na frondosidade do Parque Natural das Fragas do Eume; un espazo pleno de paz e serenidade e ante todo unha natureza chea dunha rica e intensa vida.

3.-Chegamos á pon te medieval e, logo de contemplar o espectáculo dos abanqueiros que forma o Sesín ao pé das ruinas do muiño, achegámonos ao Mosteiro de Caaveiro que desde hai once séculos constitúe un miradoiro inigualable para o disfrute das Fragas do Eume.

4.-Iniciamos o retorno pola "Casa do Caseiro" ascendendo en zigzag polas fragas ás que a luz chega sempre velada pola enramada dos carballos, castiñeiros, bidueiros,... ata chegar á estrada da Central.

E se queda tempo podemos acercarnos a:

  • Fervenza da Mazorca e o muiño de Pedro
  • Parque etnográfico do Sesín e/ou A Casa do Pazo (Museo etnográfico da Capela)