• pavillón polideportivo A Capela
    A Capela

    A Capela é

    Servizos e Dotacións para os veciños. Confort de vida.

  • fervenza no Sesín

    A Capela é

    Natureza viva. Calidade de vida.

  • Conxunto Mosteiro de Caaveiro

    A Capela é

    Patrimonio histórico. Historia da vida.


Noite no Mosteiro 2018

O evento "Noite no Mosteiro" ten como obxectivo poñer en valor o principal recurso turístico do concello de A Capela: o mosteiro de Caaveiro, así como fomentar e dar a coñecer a cultura e tradicións populares deste Concello.

O acto principal terá lugar á noite, e consiste no acendido da iluminación escénica do Mosteiro de Caaveiro, creando unha estampa que varía en cada edición. As imaxes circularán por Internet, chegando a calquer punto do planeta.

A asistencia é libre e gratuita.

Prégase o máximo respeto e coidado do conxunto arquitectónico e da sua contorna.   

O programa é o seguinte:

  • A partires das 12:30h e ata as 22:00: exposición de fotografías (aforo limitado)
  • Ás 19:00: folcrore tradicional galego
  • Ás 20:00h: o Show de Willy Pomper: pompas de xabón xigantes
  • Ás 21:30h: concerto "Música para Ocasiones"
  • Ás 23:00h: acendido do mosteiro
  • Ás 23:00h: concerto de arpa a cargo de Bleuenn Le Friec
  • Ás 24:00h: as fadas do bosque
  • Á 01:00h: peche do evento

O programa está organizado polo Concello da Capela e a empresa Eventi, co financiamento da Deputación da Coruña.

NOTA: Horarios estimativos. O Programa pode presentar cambios por motivos imprevistos.

Cómo Chegar:

A pé, pola Capela:

Desde o Pazo a Caaveiro:

Deixamos o coche na aldea de Ou Pazo, xunto ao lavadoiro, onde se atopa o museo etnográfico.

Desde alí comeza un camiño descencente, primeiro por un carreiro moi pedregoso e húmido dunhas ducias de metros, e despois por unha pista máis ancha de terra e zahorra.

O descenso é continuo ata chegar á ponte de Caaveiro sobre o río Sesín, xa no conxunto do mosteiro.

Distancia aproximada: 3 km

Advertencia: non é adecuado para persoas con dificultades de mobilidade. Require certa axilidade (especialmente o tramo do carreiro).

Recomendacións: levar calzado apropiado para sendeirismo, lanterna ou móbil con lanterna e batería cargada, e bastón ou pau de apoio. Regresar polo mesmo camiño.

Autobús, pola Capela: (ler, é importante)

Servizo ofrecido gratuitamente polo Concello da Capela. Prazas limitadas, previa reserva.

O autobús deixa aos pasaxeiros a uns 3 kms do Mosteiro. Esa distancia percórrese a pé por unha pista ancha de terra e zahorra, con pequenos tramos empedrados, pero de fácil camiñar.
Os últimos 200 mtrs son de carreiro non apto para persoas con mobilidade reducida nin carriños de bebé, xa que o mesmo está atravesado por raices de árbores e o seu trazado en é contínuo ascenso/descenso.
Persoal da organización guiará aos viaxeiros na ida e na volta.

Para reservar plaza nos autobuses que van pola Capela, preme nesta ligazón, pestaña "Cómo Llegar". Lembra que o servizo é gratuito. Prazas limitadas. As reservas pecharanse o venres ás 16:00h

Autobús, por Ombre (Pontedeume)

A circulación de veículos non autorizados está proibida desde o centro de interpretación, INCLUSO DURANTE A NOITE.


Para chegar ao mosteiro pódese ir andando, en bicicleta, ou nalgún dos autobuses lanzadera xestionados pola Diputación.

A V I S O: Estos autobuses resérvanse presencialmente no centro de interpretación. Nin Eventi nin o Concello da Capela xestionan eses autobuses. Tlf de información Centro de Interpretación: 981 432 528

Horarios:

Saida Centro de Interpretación Saida Mosteiro Chegada Centro de Interpretación
10.45h 11.00h 11.15h
11.30h 12.00h 12.15h
12.30h 13.00h 13.15h
13.30h 14.00h 14.15h
sin viajeros/as 14.30h 14.45h
16.00h 16.30h 16.45h
17.00h 17.30h 17.45h
18.00h 18.30h 18.45h
19.00h ** 19.30h ** 19.45h **
20.00h ** 20.30h ** 20.45h **
21.00h ** 21.30h ** 21.45h **
22.00h * 22.30h * 22.45h *
23.00h * 23.30h * 23.45h *
24.00h * 24.30h * 24.45h *

Reforzos por xentileza da Deputación da Coruña:
** 2 autobuses en circulación.
* 1 autobús en horario extraordinario con motivo deste evento.

 ------

 Noite no Mosteiro, edición 2017: así foi.

Rematado o evento, aquí vos deixamos o vídeo resumo:

Noite no Mosteiro, monasterio de Caaveiro, A Capela from Eventi on Vimeo.

 Noite no Mosteiro, edición 2016: así foi.

Rematado o evento, aquí vos deixamos o vídeo resumo:

Noite no Mosteiro, monasterio de Caaveiro, A Capela from Eventi on Vimeo.