• Español
A Capela e: Entorno Natural
A Capela son: Servizos e Dotacións
A Capela e: Patrimonio

Museo etnográfico

No ano 2001, o Concello da Capela e o CEIP Mosteiro de Caaveiro acordan a creación dunha asociación denominada “Patronato do Museo Etnográfico da Capela” coa fin de ser un valorizador integral do patrimonio cultural de A Capela; a este proxecto únense todas as asociacións veciñais, culturais, etc. pertencentes ao Concello, amais doutros socios particulares. O Patronato prantéxase dende o seu nacemento, dous obxectivos principais, a creación dun Museo Etnográfico, para albergar a Colección etnográfica do C.E.I.P. e a investigación, defensa e promoción da cultura galega, de tal forma que se fomente o aproveitamento dos recursos existentes, a contribución ao desenvolvemento sostible, a dinamización doutros sectores como a hostelería, artesania, etc., e o desenvolvemento turístico do Concello.

Con estos principios, en decembro do ano 2006, inaugurase o "Museo Etnográfico de A Capela" e dende entón convertese nun dos principais puntos de interés turistico e cultural da Comarca do Eume.

o Museo dispón dunha páxina web, na que se pode atopar toda a información sobre o seu orixen, funcionamento, actividades, horarios, etc.:

www.museodacapela.org