• pavillón polideportivo A Capela
    A Capela

    A Capela é

    Servizos e Dotacións para os veciños. Confort de vida.

  • fervenza no Sesín

    A Capela é

    Natureza viva. Calidade de vida.

  • Conxunto Mosteiro de Caaveiro

    A Capela é

    Patrimonio histórico. Historia da vida.


No medio da solitaria e impresionante paisaxe que constitúen as Fragas do Eume, érguese maxestuoso este mosteiro dos Cóengos Regulares de Santo Agostiño denominado Mosteiro de Caaveiro.

A tradición sinala que foi fundado como mosteiro benedictino por San Rosendo no ano 936, aínda que xa existía con anterioridade, e que no 1135 foi refundado por Afonso VII e a súa esposa dona Berenguela. En todo caso, é preciso chegar ó 8 de abril do 1154 para atopar unha referencia fiable, en forma de documento papal. Posiblemente na segunda metade do século XIII pasa ós Cóengos Regulares de Santo Agostiño, perdendo no século XVIII o seu carácter de colexiata, o que precipita o remate da vida monacal a finais do mesmo século. Coa desamortización de Mendizábal, os bens do mosteiro pasan a mans particulares, co que desaparecen rapidamente, incluídas as reliquias de San Rosendo, que foron levadas a Santiago.
Segundo Ángel del Castillo, “Antiguamente existían dos iglesias, la una casi inmediata a la otra, y aún hay quién lo recuerda; pero abandonado todo en 1896, con los restos de una, recompúsose la otra”. Referíase a que un dos propietarios, don Pío García Espinosa, restaurou a igrexa no 1896 baixo a dirección de Antonio López Ferreiro, cóengo compostelán, aínda que o conxunto pronto volveu a encontrarse en ruínas.
A igrexa actual, en todo caso, é románica, de finais do século XII. Consiste nunha pequena nave rectangular cunha ábsida proporcionalmente moi grande, composta dun tramo recto e outro semicircular. A ábsida está precedida dun arco triunfal de medio punto lixeiramente peraltado sobre semicolumnas. Está cuberta cunha bóveda de canón seguida doutra de cascarón (de cuarto de esfera), con seteiras que ó exterior se converten en arcos dobrados de medio punto sobre dous pares de columnas acodilladas.
No exterior resulta impresionante a súa situación sobre un promontorio, cun gran adro de entrada de forma alongada. A imaxe que ofrece o mosteiro está formada por unha escalinata que dá acceso a un arco de entrada sobre o que se levanta a gran torre barroca das campás, do século XVIII, coa ábsida románica da igrexa á dereita. O tamaño da ábsida queda potenciado pola base sobre a que se ergue para salva-lo desnivel, decorada con arcaturas dobres. O seu carácter orixinal románico mantense intacto, cos elementos clásicos como columnas encostadas, fiestras con arquivoltas e cornixa sobre canzorros.
A portada da igrexa está formada por dobre arquivolta de medio punto sobre dous pares de columnas acodilladas, enmarcando un tímpano coa figura do Agnus Dei.
Completan o conxunto os restos de varios edificios dentro do recinto, como a sancristía e as dependencias coñecidas como Casa de Quintás. Tamén se conserva outro edificio, fóra do recinto, situado antes do adro.

Accesos:

O Mosteiro de Caaveiro atópase situado no Concello de A Capela, e podese chegar a él por varios accesos, todos eles para facer a pé ou en bicicleta de montaña; por calquera deles, en pouco máis de media hora terémos chegado ao noso destino:

  •  A vía máis antiga é o  camiño medieval, camiño orixinal utilizado polos frades que habitaron Caaveiro,  que parte do lugar de "O Pousadorio", ao que se chega fácilmente dende As Neves collendo a pista asfaltada pegada á cantina do Eume "Casa Pepe". Ao final da pista asfaltada podese deixar o coche para coller o sendeiro que nos leva directamente ata San Xoan de Caaveiro. Dende O Pousadoiro, ao borde mesmo do Parque Natural, terémos unha visión magnifica da grandeza das Fragas do Eume. Este sendeiro é bastante pendente, polo que resulta de dificultade alta para facer en bici.
  • Tamén podemos partir dende o lugar de "O Pazo" no que se atopa a Igrexa Parroquial de Santiago de Capela, e o Museo Etnográfico de A Capela. Dende aqui parte outro sendeiro que conflúe có anterior un pouco máis abaixo de" O Pousadoiro".
  • Baixando pola carretera da Central Hidroeléctrica do Eume, que parte de As Neves, frente ao restaurante "Casa Toñita", e despois de deixar atrás os lugares de "A Estoxa",  "Gunxel", o "Parque etnográfico do Sesin", e o cruce de "A Ribeira",   atoparemos un pequeno aparcadoiro con paneis explicativos; aqui deixarémos o coche e unhos 20 m. máis abaixo parte pola dereita un sendeiro que nos leva tamén ata o Mosteiro, despois de andar unhos 2 km. Este sendeiro tamén resulta complicado para facer en bici, a non ser que sexas un bó afeccionado á bici de montaña.
  • Segimos baixando pola carretera da Central, e a unhos 500 m. antes de chegar ao río, parte outro sendeiro pola dereita que nos leva tamén a Caaveiro. Este camiño é practicamente chao polo que se pode facer a pé ou en bicicleta sen ningún problema.
  • Ainda temos outra posibilidade de chegar a Caaveiro. Unha vez chegados á Central Hidroeléctrica, cruzamos a ponte sobre o rio Eume e baixamos rio abaixo pegados á Central; o sendeiro, sempre pegado ao Eume, nos leva directamente ao pé do Mosteiro, pasando pola interesante Minicentral hidoeléctica de "O Parrote".

Calquera destas rutas quedará perfectamente complementada coa visita ao "Museo Etnográfico" que nos aportará unha visión máis cercana da vida rural da Galicia de principios do seculo XX, e do aproveitamento que o home facía da enorme riqueza proporcionada polas Fragas. O porpio museo atópase ubicado nunha antiga casa (Casa do Pazo) que foi mandada contruir po un dos últimos priores de Caaveiro.

Vista dende "O Pousadoiro"

Horario de visitas:

O mosteiro foi restaurado pola Diputación Da Coruña, e pode ser visitado no seguintes dias e horarios:

Entre os días 8 e 16 de abril de 2017 todolos días  de 11:00 a 19:00 horas

O Transporte de viaxeiros entre o Centro de interpretación e a Ponte de Caaveiro realizarase entre os días 7 e 17 de abril de 2017, de conformidade cos seguintes horarios:
 

Horario de Autobuses
Saída Centro de interpretación Saída Mosteiro de Caaveiro Chegada Centro de Interpretación
10:30 11:00 11:15
11:30 12:00 12:15
12:30 13:00 13:15
13:30 14:00 14:15
Sen viaxeiros 14:30 14:45
 
16:00 16:30 16:45
17:00 17:30 17:45
18:00 18:30 18:45
19:00 19:30 19:45
20:00 20:30 20:45
Sen viaxeiros 21:30 21:45

Visitas guiadas en grupos dun máximo de vinte persoas. Entrada Gratuita