• pavillón polideportivo A Capela
    A Capela

    A Capela é

    Servizos e Dotacións para os veciños. Confort de vida.

  • fervenza no Sesín

    A Capela é

    Natureza viva. Calidade de vida.

  • Conxunto Mosteiro de Caaveiro

    A Capela é

    Patrimonio histórico. Historia da vida.


  O parque natural das Fragas do Eume recolle o mellor bosque atlántico costeiro de Europa cunha flora  e  fauna en algúns  casos con especies en perigo de extinción.

Hoxe en día a súa enorme importancia patrimonial e ecolóxica ven constatada pola xenialidade dunha paisaxe semellante á que hai miles de anos abondaba en Galicia.

Este espacio -de algo máis de 9000 hectáreas -, forma parte da cunca do río Eume, podéndose defini-la gran maioría do seu terreo como de media montaña, e caracterizándose a súa paisaxe por unha forte antropización.

A zona caracterízase por posuír unha xeoloxía variada, contando cun valor paisaxístico e xeolóxico moi importante. Inclúe materiais pertencentes a dous dominios diferentes e granitoides diversos, así como depósitos terciarios e recubrimentos cuaternarios.

As rutas de sendeirismo do Concello da Capela transcurren polas Fragas do Eume, e constituen un exemplo de conservación e disfrute do particular ecosistema deste entorno protexido.

Nas Fragas do Eume, encóntranse numerosas mostras da existencia dunha cultura megalítica importante.

O maior esplendor histórico artístico está relacionado co medioevo, representado polo Mosteiro de Caaveiro (declarado monumento histórico artístico).

Para protexer este espacio natural de tan alto valor, as Fragas do Eume foron incluidas na Rede Natura a nivel da Unión Europea en virtude da Directiva 92/43/CEE do Consello, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (Directiva hábitats), con obxecto de salvagardar os espazos naturais mais importantes de Europa, como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) dentro das Zonas Especiais de Conservación (ZEC)

Vista de Caaveiro situado nun promontorio entre os ríos Eume e Sesín