• pavillón polideportivo A Capela
    A Capela

    A Capela é

    Servizos e Dotacións para os veciños. Confort de vida.

  • fervenza no Sesín

    A Capela é

    Natureza viva. Calidade de vida.

  • Conxunto Mosteiro de Caaveiro

    A Capela é

    Patrimonio histórico. Historia da vida.


A Festa do Requeixo

Festa de tipo gastronómico. Celébrase o último domingo do mes de Agosto. Organizada polo Concello, coa colaboración da Cooperativa de productores do Campo "Campo Capela" esta festa de gran tradición e con moita sona en toda a comarca, vense celebrando dende o ano 1.989 e nela ofrécese a degustación do  requeixo. Repártense unhas 15.000 racións para as que son necesarios 10.000 ltrs. de leite. A festa continúa ó longo de todo o día con actuacións musicais, exposicións, mostras, e outras actividades.

23ª Edicion Festa do Requeixo 2011

A Rapa das Bestas

Este festexo é organizado pola Asociación "Monte Forgoselo", e celébrase no mes de xullo, sen data fixa.

O rito consiste en marcar e "rapar" as crins dos cabalos. Os cabalos son pequenos e robustos, adaptados durante séculos ásupervivencia nunhas montañas nas que a crudeza do invierno é a sua única compaña. No verán, polo contrario, os visitantes presencian con frecuencia un espectáculo conmovedor cando o lonxe descubren as siluetas dos cabalos buscando a brisa refrescante sobre a cima do monte.

A "rapa" ten lugar no "curro" do Forgoselo, recinto onde se acorrala ás bestas. Os cabalos salvaxes viven libres no monte. Alí, os máis expertos gandeiros, os chamados “agarradores”, manteñen un forcexeo desmesurado co cabalo, ó que acaban reducindo, tra-lo cual cortan suas crins e marcano. Os animais máis xóves son postos de novo en liberdade, cos grañons e as potras. O mencer, os mozos suben ó monte dirixidos polo bestilleiro e van acorralando ós cabalos. O ritual empeza coa baixa: a operación de acoso, acorralamento e conducción das ieguadas que, en espectacular galopada, van descendendo ata chegar ó curro . Neste realízase a rapa das bestas. O traballo de separalas é un fervideiro de homes e bestas que pelexan entre sí. Os homes, tratando de montalas e inmovilizalas, mentras que as bestas deféndense revolvéndose, alzándose, couceando e relinchando.

É un espectáculo de extraordinaria forza e vistosidade que, como xa se dixo, ten lugar no “curro”.
En torno á “Rapa das Bestas” organizase unha auténtica romería que o convierte nunha manifestación claramente festiva. Todo un espectáculo para disfrutar dunha das tradicions galegas máis ancestrais.

 

Outras festas

  • Festa Parroquial de Santiago da Capela: Celébrase os días  25 e 26 de xullo
  • Romaría da Nosa Señora das Neves:  Celébrase os días 4,5 e 6 de agosto
  • Festa Parroquial de Santa María de Cabalar: Celébrase os días  15 e 16 de agosto
  • Festa Parroquial de San Braulio de Caaveiro: Celébrase na 1ª semana de setembro