• pavillón polideportivo A Capela
    A Capela

    A Capela é

    Servizos e Dotacións para os veciños. Confort de vida.

  • fervenza no Sesín

    A Capela é

    Natureza viva. Calidade de vida.

  • Conxunto Mosteiro de Caaveiro

    A Capela é

    Patrimonio histórico. Historia da vida.


ExpoFest A Capela é un evento que terá lugar no Mosteiro de Caaveiro, no corazón do Parque Natural das Fragas do Eume, o vindeiro 13 de Xullo de 2019 e no que se poderá gozar dunha gran mostra cultural que combina exposicións de arte con actuacións musicais e produtos típicos da comarca do Eume.
O acceso recomendado pola Capela é:
  • A pié ou en bicicleta desde a Estrada da Ventureira, polo chamado “Camiño Novo”. Son uns 3 kms de camiño de zahorra, que se fan bastante ben, excepto os últimos 200 mtrs, que son de carreiro con moita raíz, polo que non é recomendable para persoas con dificultades de mobilidade.
  • Seguindo o roteiro a Caaveiro desde o Museo Etnográfico, situado en Ou Pazo.

Programa:

12:00 h Apertura de exposicións

Apertura de exposicións e postos de produtos típicos e artesáns. Permítese a compra dos produtos expostos. Contaremos con exposicións de fotografía, pintura, artesanía da madeira, artesanía do coiro, artesanía do ferro, con esculturas de Manuel Méndez.

12:00 h: Folclore tradicional

Actuación do cuarteto SilbardaCapela. Folclore tradicional galego.

17:00 h Concerto de Minguante

Minguante é un dúo formado polos cantautores Miguel Alonso e Óscar Martínez.
 
18:00 h Concerto de The Duellist
 
Concerto de cámara do dúo The Duellist, con chello e violín, que reproducirán temas da música clásica e folc, ademais de versións de bandas sonoras.
 
19:00 h: Muiñeira Jazz Dance
 
Unha reinterpretación do baile da muiñeira ao estilo Jazz Dance, cunha coreografía creada pola nosa compañeira Cris. Esencia en frascos pequenos ;-)
 
19:15 h: Visita guiada teatralizada
 
O abade do Mosteiro de Caaveiro recibirá aos visitantes e mostraralles as diferentes estancias do mosteiro á vez que lles narra a súa historia.
 
19:15h: Peche de exposicións
 
21:30 h Concerto de Cristian Silva + Xosé Piñeiro
 
O folclore tradicional galego versionado co peculiar toque moderno deste dous pedazo de artistas. Cristian Silva cos intrumentos de vento, e Xosé Piñeiro ao cargo dos de corda.
 
22:30 Conxuro dá queimada
 
O bruxo do Mosteiro de Caaveiro levará a cabo o Conxuro dá Queimada, para escorrentar os malos espíritos, nun ritual típico de Galicia.