• pavillón polideportivo A Capela
    A Capela

    A Capela é

    Servizos e Dotacións para os veciños. Confort de vida.

  • fervenza no Sesín

    A Capela é

    Natureza viva. Calidade de vida.

  • Conxunto Mosteiro de Caaveiro

    A Capela é

    Patrimonio histórico. Historia da vida.


O "III Encontro coa Historia" pretende poñer en valor o mosteiro de Caaveiro como principal recurso turístico de A Capela, e divulgar o seu coñecemento, a súa importancia tanto a nivel histórico como arquitectónico.

Nesta ocasión afróntase unha etapa da época medieval, cunha representación teatralizada non fideligna da historia do mosteiro.
Respectando ao máximo a arquitectura e actual estado do conxunto monacal, o "III Encontro Coa Historia" presentará varios actos, exposicións e actividades relacionadas coa época; desde unha mostra de produtos artesanáis, ata unha visita teatralizada interactuando cos personaxes propios da etapa medieval do Mosteiro.

O evento é de asistencia libre e gratuíta.

Pódese acceder desde A Capela, por varias rutas de sendeirismo que permiten gozar a contorna do parque natural das Fragas do Eume, ou desde Pontedeume a pé, en bicicleta ou en calquera dos autobuses gratuítos fretados pola Deputación da Coruña, cuxos horarios se poden consultar no Centro de Interpretación.

Este evento está organizado polo Concello da Capela e patrocinado pola Deputación da Coruña.

 Programa:

Sábado 18:

  • Dende as 12:00h ata as 20:30h.- Mercadiño de produtos artesanáis e ecolóxicos. Exhibición de fiandeiras.
  • Ás 12:30h.- Visita guiada teatralizada
  • De 18:30h a 20:30h.- Animación do mercadiño (talleres para nenos, contacontos, peregrinos....)

Domingo 19:

  • Dende as 12:00h ata as 20:00h.- Mercadiño de produtos artesanáis e ecolóxicos. Exhibición de fiandeiras.
  • Ás 12:00h.- Visita guiada teatralizada
  • Ás 12:30h.- Animación do mercadiño (talleres para nenos, comerciantes, meigas, xuglares, danza morisca...)
  • Ás 17:30h.- Visita guiada teatralizada
  • Ás 18:30h.- Animación do mercadiño (talleres para nenos, comerciantes, meigas, xuglares, danza morisca...)
  • Ás 19:30h.- Concerto de Musgalia.
  • 20:30h.- Fin do evento

Este programa pode ser modificado por motivos imprevistos.

Cómo Chegar:

A pé, pola Capela:

Desde o Pazo a Caaveiro:

Deixamos o coche na aldea de Ou Pazo, xunto ao lavadoiro, onde se atopa o museo etnográfico.

Desde alí comeza un camiño descencente, primeiro por un carreiro moi pedregoso e húmido dunhas ducias de metros, e despois por unha pista máis ancha de terra e zahorra.

O descenso é continuo ata chegar á ponte de Caaveiro sobre o río Sesín, xa no conxunto do mosteiro.

Distancia aproximada: 3 km

Advertencia: non é adecuado para persoas con dificultades de mobilidade. Require certa axilidade (especialmente o tramo do carreiro).

Recomendacións: levar calzado apropiado para sendeirismo, lanterna ou móbil con lanterna e batería cargada, e bastón ou pau de apoio. Regresar polo mesmo camiño.

Autobús, por Ombre (Pontedeume)

A circulación de veículos non autorizados está proibida desde o centro de interpretación, INCLUSO DURANTE A NOITE.


Para chegar ao mosteiro pódese ir andando, en bicicleta, ou nalgún dos autobuses lanzadera xestionados pola Diputación.

A V I S O: Estos autobuses resérvanse presencialmente no centro de interpretación. Nin Eventi nin o Concello da Capela xestionan eses autobuses. Tlf de información Centro de Interpretación: 981 432 528

Horarios:

Saida Centro de Interpretación Saida Mosteiro Chegada Centro de Interpretación
10.45h 11.00h 11.15h
11.30h 12.00h 12.15h
12.30h 13.00h 13.15h
13.30h 14.00h 14.15h
sin viajeros/as 14.30h 14.45h
16.00h 16.30h 16.45h
17.00h 17.30h 17.45h
18.00h 18.30h 18.45h
19.00h 19.30h 19.45h
20.00h 20.30h 20.45h
sen viaxeiros 21.30h 21.45h

 

 ------