• Español
A Capela e: Entorno Natural
A Capela son: Servizos e Dotacións
A Capela e: Patrimonio

Concurso de Fotografia

concurso de fotografía concello da capela

O obxectivo deste concurso é o difundir o patrimonio histórico, etnográfico e natural que conforman o Mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume, na Capela, así como promover a defensa ambiental  e o ecoloxismo.

O concurso premia a calidade das fotografías por ser especialmente innovadoras e inspiradoras, que reflictan recunchos descoñecidos, novas perspectivas  ou interpretacións dos recunchos coñecidos,  dende unha mirada que capte a beleza, a grandeza, o misterio e a fraxilidade das Fragas do Eume na vertente municipal da Capela e/ou o Mosteiro de Caaveiro, cunha execución que respecte a orixinalidade da contorna, a conservación dos seres vivos no seu hábitat, evitando a alteración, perturbación ou interferencias no seu estado ou  comportamento natural.