• Español
A Capela e: Entorno Natural
A Capela son: Servizos e Dotacións
A Capela e: Patrimonio

Xeografía

A Capela, é un pequeño concello (59 km2 ) da comarca do Eume, formado por tres parroquias: Santiago de Capela, San Braulio de Caaveiro e Santa María de Cabalar.

Cunha altitude media de 450 m., o seu relevo artellase nunha sucesión de serras e montañas que funcionan como divisoria das augas dos dous ríos que o atravesan, o Eume e o Belelle.

Eume e os seus afluentes de forte pendente, enmarcan un espacio único en Europa: “O Parque Natural das Fragas do Eume”. O Belelle, que cos seus afluentes que baixan da Serra do Forgoselo, cruza o Concello de leste a oeste, formando unha xeira de vales e pequenas fragas. O conxunto, configura dende sempre unha paisaxe que constitúe unha autentica reserva ecolóxica, e, como non, establece o carácter e forma de vida das xentes que o habitan.

A serra do Forgoselo, incluida na Rede Natura 2000 e calificada como L.I.C (Lugar de importancia comunitaria) é un gran espacio  aberto, de  baixa  montaña  con amplas extensions de terreo nol que se atopan unha gran diversidade de hábitats e unha importante variedade de paisaxes de  pequenos bosques, prados, veigas,... Dende o pico de  Racamonde, o máis alto da  serra con  537 m, podese disfrutar dunha vista impresionante, en días claros podese contemplar gran parte da serra, a zona de As Pontes, o oceano hacia o oeste, as rías de Ferrol e Ares,e unha gran pradeira adicada á cría e engorde de gando vacún. Outro punto de interes é a  "Pena dos Tres Pés", unha  curiosa roca capricho da erosión.

Este importante patrimonio natural precisa de actuacións de conservación e de posta en valor, actuando na interpretación de paisaxes habitables, e na sua difusión nos roteiros que se establezan.