• pavillón polideportivo A Capela
    A Capela

    A Capela é

    Servizos e Dotacións para os veciños. Confort de vida.

  • fervenza no Sesín

    A Capela é

    Natureza viva. Calidade de vida.

  • Conxunto Mosteiro de Caaveiro

    A Capela é

    Patrimonio histórico. Historia da vida.

 SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DA CAPELA.

 O Concello de A Capela, cómo a administración máis achegada a cidadanía, é  a porta de entrada ao Sistema Público de Servicios Sociais, tendentes a favorecer a integración social e a mellorar a calidade de vida das persoas do Concello.

 Os Servizos Sociais de Atención Primaria son aqueles que teñen por obxecto promover o desenvolvemento do benestar social básico dirixido a toda a población mediante o fomento da acción social.

 Os programas que se desenvolven dende os Servizos Sociais de atención primaria do Concello da Capela son:
   - Programa de Orientación e Información
   - Programa de Axuda no Fogar

TITULO I
DO SISTEMA GALEGO DE SERVIZOS SOCIAIS
 
Capítulo III
DO EQUIPO PROFESIONAL DE SERVIZOS SOCIAIS
 
Artigo 23º.-Disposicións xerais.
A intervención profesional nos servizos sociais terá como norma xeral un carácter interdisciplinario na procura dunha atención integral.
De forma regulamentaria, fixaranse as titulacións e cualificacións profesionais e os rateos de cobertura dos equipos de traballo que actúen nos servizos sociais, de conformidade coa distribución e tipoloxía de áreas sociais previstas no planeamento estratéxico, consonte o título IV desta lei. Así mesmo, teranse en conta os obxectivos e as características particulares de cada centro, as persoas usuarias, os seus servizos ou programas, de maneira que se lles asegure unha adecuada calidade de servizo e de trato profesional ás persoas destinatarias.
De maneira particular, asegurarase nas áreas sociais rurais e de alta dispersión unha oferta de servizos profesionais semellante á que exista no resto do territorio.
 
Artigo 24º.-Profesional de referencia.
A cada persoa titular do dereito de acceso ao sistema galego de servizos sociais asignaráselle unha persoa profesional de referencia no ámbito dos servizos sociais comunitarios correspondentes, coa finalidade de dar coherencia ao itinerario de intervencións e garantir o acceso aos diferentes servizos e ás prestacións que necesite a persoa ou, se é o caso, a súa familia.
A persoa profesional de referencia será preferentemente unha traballadora ou un traballador social da rede pública de servizos sociais, sen prexuízo das titulacións ou especialidades de quen xestione o caso ou actúe como responsable da intervención ou do programa.
A persoa profesional de referencia terá ao seu cargo o expediente social básico ao que fai referencia o artigo 16º.2 desta lei.
De acordo coas dispoñibilidades do sistema, a persoa usuaria poderá solicitar motivadamente o cambio de profesional de referencia, de entre os existentes na súa área.
As funcións da persoa profesional de referencia desenvolveranse regulamentariamente.
 
Artigo 25º.-Estabilidade laboral e calidade do emprego das persoas profesionais dos servizos sociais e políticas de igualdade.
As administracións públicas promoverán a calidade no emprego e a estabilidade laboral das persoas profesionais de servizos sociais, evitando situacións de precariedade, como medio de lograr a calidade e permanencia da oferta pública de servizos sociais.
Para tal efecto, considerarase a estabilidade do emprego das persoas profesionais de servizos sociais como criterio avaliable no acceso ao financiamento público por parte das entidades prestadoras de servizos sociais. Igualmente, será criterio avaliable a adopción de medidas a prol da efectividade do principio de igualdade nos termos establecidos na normativa reguladora do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
Así mesmo, as administracións públicas fomentarán a mellora das condicións laborais e a implantación de medidas a prol da efectividade do principio de igualdade, en particular, daquelas tendentes á conciliación da vida familiar e laboral.
Funcións do traballador social
• Detección, coñecemento e valoración das necesidades sociais e recursos existentes do municipio, a través da observación, atención da demanda e a investigación.
• Planificación e programación dos recursos e servicios necesarios para atender os problemas e necesidades detectados.
• Avaliación de problemas e derivación para a atención dos mesmos cara os distintos servicios existentes cando así o requira o caso.
• Promoción da toma de conciencia polas comunidades e individuos dos seus problemas, facilitándolle-la participación nas tarefas comunitarias, impulsando o asociacionismo e fomentando actitudes e conciencia solidaria.
• Promoción do desenvolvemento local a través de información e orientación individual e colectiva, así como apoio ós grupos portadores de iniciativas, negociación con empresarios, e tódalas accións que conleven a incentivación socio-económica do municipio.
• Axuda a integración de individuos, familias e grupos que o precisen, favorecendo solucións de reinserción social, evitando situacións de marxinación e/ou exclusión social.
• Información,asesoramento, orientación e intervención técnica para resolución das situacións de necesidade e conflicto a nivel individual e colectivo.
• Xestión e tramitación administrativa de recursos e prestacións.
 
Artigo 2º.-Sistema galego de servizos sociais.
1. Para os efectos desta lei, enténdese por servizos sociais o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega, mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos expresados no artigo seguinte.
2. Integra o sistema galego de servizos sociais o conxunto de servizos, programas e prestacións, tanto de titularidade pública coma de titularidade privada, acreditados e concertados pola administración nos termos establecidos nesta lei.
3. Os poderes públicos fomentarán, así mesmo, no ámbito dos servizos sociais, o desenvolvemento de actuacións solidarias por entidades de iniciativa social sempre que se axusten aos requisitos de autorización, calidade e complementariedade establecidos nesta lei e nas normas que a desenvolvan.
4. As entidades de natureza privada e carácter mercantil poderán prestar servizos sociais de acordo co establecido nesta lei e, en particular, no que atinxe ao seu rexistro, á súa autorización, á súa inspección e ao seu control.
 
Artigo 3º.-Obxectivos do sistema galego de servizos sociais.
a. Facilitarlles alternativas, recursos e itinerarios de integración social a aquelas persoas que se atopan en situación ou en risco de exclusión social.
b. Garantir a vida independente e a autonomía persoal das persoas en situación de dependencia integrando, para estes efectos, o catálogo de prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia.
c. Darlles protección e oportunidades sociais e educativas a menores de idade e a aqueloutras persoas que se atopen en situación de conflito ou de desamparo.
d. Previr a aparición de calquera situación de dependencia, exclusión, desigualdade ou desprotección ás que fan referencia os obxectivos anteriores.
e. Proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral.
f. Facilitarlle a execución de políticas públicas de anticipación a unha sociedade multicultural emerxente, favorecendo a integración e socialización normalizada de inmigrantes, emigrantes retornados e minorías étnicas.
g. Promover e dinamizar a participación comunitaria, o asociacionismo solidario, a axuda mutua e a implicación da cidadanía na posta en marcha de iniciativas de prevención e mellora da cohesión social.
h. Facilitar a aplicación efectiva nos seus servizos e programas de políticas transversais que incidan na eliminación de todo tipo de discriminación selectiva e exclusión social.
i. Garantirlles o apoio ás familias como marco de referencia no que se desenvolven as persoas.
j. Sensibilizar, informar e promover valores de solidariedade e integración na sociedade galega.
k. Promover e garantir o dereito universal da cidadanía galega ao acceso aos servizos sociais, garantindo a suficiencia orzamentaria que asegure a súa efectividade.