Servizos sociais
O Servizo Social, conforma un dos pilares fundamentais nos que se basea o programa do actual grupo de Goberno do Concello da Capela, e ao que se adica unha boa parte do presuposto municipal.
O equipo de Servizos Sociais está formado por unha Asistenta Social e duas traballadoras de axuda no fogar da plantilla municipal, e outras catro traballadoras contratadas a unha empresa externa.
Dito equipo adicase ás tarefas de axuda no fogar e axudas á dependencia, asi como a realizar tarefas de información e asesoramento en materias de exclusión social, maltrato, acoso, etc.
Para calquera consulta, podese acudir ás oficiñas de Servizos Sociais situadas na parte alta do edificio do Centro de Saúde de As Neves.



