• Español
A Capela e: Entorno Natural
A Capela son: Servizos e Dotacións
A Capela e: Patrimonio

Escolas deportivas

Dende o día 15 ata o 29 de setembro 2011, está aberto o prazo para matricularse nas escolas deportivas, cunha ampla oferta de actividades para persoas de todalas idades:

  • futbol-sala
  • baloncesto
  • tenis
  • judo
  • baile moderno
  • baile galego
  • ximnasia ritmica
  • musculación (exercicios de ximnasio libres, apoiados e coordinados por un monitor)
  • ximnasia de mantemento (para persoas de todalas idades)
  • yoga en familia (actividade pensada para facer en familia, adecuada para nenos a partir de catro anos, e adultos sen limite de idade, con exercicios sinxelos, estáticos e dinámicos combinados con música e meditación adaptables a persoas de calquera idade)

actividades puramente deportivas pensadas para a xente máis nova (futbol, baloncesto, judo,etc.); outras que mezclan o lúdico e o cultural como son o baile moderno e o baile galego actividades que se presentan por primeira vez e que pretenden no caso do baile galego recuperar a tradición complementandose con outras experiencias que se están levando a cabo a través da escola de música (gaita) e de outras asociacións culturais do noso Concello (pandereteiras, mostras de danza, cantareiras, etc.).

A realización de calquera das actividades, dependerá da inscripción necesitandose un nº minimo de asistentes en torno ás 10 persoas dependendo da especialidade.

As escolas darán comenzo na primeira semán do mes de outubro.