• pavillón polideportivo A Capela
    A Capela

    A Capela é

    Servizos e Dotacións para os veciños. Confort de vida.

  • fervenza no Sesín

    A Capela é

    Natureza viva. Calidade de vida.

  • Conxunto Mosteiro de Caaveiro

    A Capela é

    Patrimonio histórico. Historia da vida.


A Xunta de Galicia aprobou a Lei  9/2013 do 19 de decembro de emprendemento e da competitividade económica de Galicia que na súa disposición final 3ª modifica varios artigos da Lei 9/2002 do 30 de decembro da ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Un dos artigos modificados é o 194 que trata das licenzas urbanísticas e comunicación previas.

O artigo 194.2 do citado texto legal esixe licenza municipal para os seguintes actos de uso do solo e subsolo:

a)    Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, conforme á normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación.

b)    As intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.

c)    As demolicións.

d)    Os muros de contención de terras.

e)    Os grandes movementos de terras e as explanacións.

f)    As parcelacións, segregacións ou outros actos de división de fincas en calquera clase de solo cando non formen parte dun proxecto de reparcelación urbanística.

g)    A primeira ocupación dos edificios.

h)    A ubicación de casas prefabricadas e instalación similares, xa sexan provisionais ou permanentes.

i)    A tala de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva en terreos incorporados a procesos de transformación urbanística e, en todo caso, cando dita tala se derive da lexislación de protección do dominio público.

Todos os actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza serán obxecto só de comunicación previa por parte do solicitante ao concello.

O que informo para coñecemento de toda a veciñanza, ao mesmo tempo poden descargarse os anexos I, II e III de comunicación previas para actos de uso do solo e subsolo, licenzas de actividade e cambios de titularidade nas licenzas de actividade.

 

Manuel Meizoso López
Alcalde

 

pdfComunicación previa de actos de uso do solo e do subsolo. Descargar documento.

pdfComunicación previa de apertura de actividade. Descargar documento.

pdfComunicación previa para transmisión ou cambios de tirularidade de licenzas. Descargar documento.