• pavillón polideportivo A Capela
    A Capela

    A Capela é

    Servizos e Dotacións para os veciños. Confort de vida.

  • fervenza no Sesín

    A Capela é

    Natureza viva. Calidade de vida.

  • Conxunto Mosteiro de Caaveiro

    A Capela é

    Patrimonio histórico. Historia da vida.


  • A.V.V. "Nos"
    • Asociación que agrupa a veciños de todalas parroquias de A Capela, e que actualmente se atopa sen actividade e cunha xunta Directiva en funcións para evitar a sua disolución en tanto non aparece un equipo que se faga cargo da sua xestión.

 

  • A.V.V. "Monte Forgoselo"
    •  Asociación que agrupa a veciños lindantes có Monte forgoselo, e que ten como obxectivo fundamental o desenrolo agro-forestal do Monte Comunal da Serra do Forgoselo.

 

  • Asociación Cultural "Noso Lar"
    • Asociación cultural con sede no lugar de Sande, parroquia de Capela e que organiza diversas actividades no seu Local Social de Sande.

 

  • Sociedade deportiva e recreativa "A Capela"
    •  Asociación adicada fundamentalmente á xestión do Clube de Futbol "A Capela", que realiza a sua actividade nas instalación deportivas municipais de Os Calzados.

 

  • Asociación Cultural "Airiños da Capela"
    •  Asociación cultural que  desenvolve a súa actividade dende o ano 1991, adicandose a todo tipo de temas culturais, ainda que predominan os relacionados coa música. Actualmente  conta cunha agrupación Coral e un grupo de pandereteiras
    • páxina web:   www.airinosdacapela.es

 

  • Asociación Cultural "O Pértego"
    • Asociación Cultural adicada especialmente ao mundo da Etnografía: artesanía, traballos tradicionais, etc.
    • páxina web:   www.pertegocapela.com

 

  • Asociación "Patronato do Museo Etnográfico da Capela"
    • Esta asociación fundouse no ano 2001 polo Concello da Capela e o C.E.I.P "Mosteiro de Caaveiro" có fin de xestionar a Colección museistica ata entón aloxada no Colexio. Tras conquerir a cesión da Casa Reitoral da parroquia de Santiago da Capela e levar a cabo a sua rehabilitación, inaugúrase o "Museo Etnográfico da Capela" en decembro do ano 2006, convertindose dende entón nun referente nas programación culturais e turisticas da comarca do Eume.
    • páxina web:   www.museodacapela.org

 

  • Asociación "Xeración da Experiencia"
    • Asociación de maiores adicada a organizar actividades lúdicas  para os seus socios; actividades que realiza nas instalacións municipais do  Local Social de As Neves.

 

  • Asociación "A.N.P.A. do CEIP Mosteiro de Caaveiro"
    • Asociación de nais e pais de alumnos do Colexio de ensinanza primaria "Mosteiro de Caaveiro"

 

  • Asociación de Empresarios de A Capela
    • Agrupa a empresarios de A Capela co obxeto de velar polos intereses comúns dos seus asociados.

 

  • Asociación de pescadores "A Ventureira"

 

  • Asociación do "Cemiterio veciñal de A Capela"
    • Asociación composta por todos os  que teñen propiedade no Cemiterio veciñal da Parroquia de Capela