• pavillón polideportivo A Capela
    A Capela

    A Capela é

    Servizos e Dotacións para os veciños. Confort de vida.

  • fervenza no Sesín

    A Capela é

    Natureza viva. Calidade de vida.

  • Conxunto Mosteiro de Caaveiro

    A Capela é

    Patrimonio histórico. Historia da vida.


Manuel Meizoso Estimado/a veciño/a e visitante,

Douvos a benvida a este novo portal web do Concello da Capela que pretende, coa axuda das novas tecnoloxías, achegar o traballo do Concello a tódolos cidadás  e ao mesmo tempo ser un espazo aberto de participación e relación coa Administración máis próxima a vos, que é o Concello.
Asimesmo preténdese divulgar o noso municipio nese mundo tan amplo que representa Internet.

Con este novo portal web pretendemos tamén dar a coñecer dun xeito máis interactivo a nosa Institución, os diferentes servizos que estamos a prestar, a xestión diaria do grupo de goberno, así como coñecer de primeira mán as vosas propostas, queixas e inquedanzas.

Por vez primeira incluímos a denominada E-Administración, que nunha primeira fase posibilita a tramitación das solicitudes máis comúns de xeito telemático.

Agardo que este portal, que é froito do interese deste equipo de goberno por achegarse á veciñanza e a quenes nos visitan, sexa do voso agrado.

 

Manuel Meizoso.

Alcalde da Capela.