Concello da Capela: rutas turísticas
Ruta dos Muiños:
Para chegar ao punto de partida, facémolo dende a estrada Cabanas- As Pontes. En As Neves, a escasos 200 mtrs do Concello da Capela, desviámosnos á dereita pola estrada que leva á Central Hidroeléctrica.
Dende este desvío, e a 2 Kms, temos o punto de partida. Neste punto podemos deixa-lo coche para continuar camiñando. Atopámosnos nunha ponte sobre o río Sesín.
Na marxe dereita da ponte, temos o “Muiño do Medio”. Case fronte a el, o “Muiño de Abaixo”, este de propiedade particular.
Volvemos ao punto de Partida, para cruzar a estrada e continuar polo acceso acondicionado con pizarra que nos leva ao “Muiño de Arriba”. Estas construcións fabrís, en perfecto estado de conservación, servían para fabricar fariñas grazas ao aproveitamento das augas
Continuando polo sendeiro á marxe do río Sesín, pasaremos por un entorno natural de enorme beleza paisaxística, con abundancia de piñeiros e nogueiras, onde é fácil atoparse con ardillas e aves rapaces, e no que poderemos contemplar grandes rochas que por efecto das xeadas e choivas desprendéronse sobre o río.
O percorrido está facilitado con escaleiras e pasarelas perfectamente integradas no entorno.
Continuando polo sendeiro chegaremos á Ponte Romana que permitía o paso do antigo Camiño Real dende o lugar de Gunxel ao lugar de Paces.
Continuamos por este Camiño Real para saír á pista asfaltada do lugar de Paces, onde continuamos pola dereita ata atoparnos coa estrada que leva á Central Hidroeléctrica. Neste punto desviámosnos á dereita para retornar ao punto de partida.
AMPLIACION DA RUTA:
Dende a pista asfaltada de Paces, podemos desviarnos á esquerda, pasando polos lugares de Ribeira e Teixido, ata chegar a Vilariño, onde podemos contemplar o canón do Eume adentrándonos no monte Fontardión. Distancia aproximada: 7 kms, sobre asfalto.
Outra posible ampliación é dende onde nos atopamos coa estrada da Central Hidroeléctrica de Ventureira. Neste punto, desviámosnos á esquerda ata chegar ao Canón do Eume, na antiga Central. Distancia aproximada: 3 Kms, sobre asfalto.