Imagen estática sustituyendo al contenido multimedia

Concello da Capela: rutas turísticas

Mapa Ruta de Caaveiro

Ruta de Caaveiro:


Para chegar ó punto de partida, facémolo dende a estrada Cabanas- As Pontes. Nas Neves, a escasos 200 mtrs do Concello da Capela, desviámonos á dereita seguindo a indicación da Estoxa, pola estrada que leva á Central Hidroeléctrica.
A 2 Kms, fronte ó Restaurante Casa Peizás, viramos á dereita cara O Pazo. A 500 mtrs desviámonos á esquerda para aparcar 100 mtrs mais adiante, á veira do Museo Etnográfico da Capela.
Dende este punto de partida dirixímonos á igrexa de Santiago da Capela, de planta románica do século XII. Debemos pasar entre unha casa e ou seu garaxe, situados á veira da igrexa, para adentrarnos na senda pola que descenderemos ata atopármonos có antigo camiño medieval de acceso ó Mosteiro.
Baixamos por un ancho camiño empedrado adentrándonos na frondosidade do bosque atlántico das Fragas do Eume (considerado como o máis grande de Europa), rodeados de carballos, castiñeiros, freixos, etc.
Case ao final do descenso hai unha senda á dereita que baixa ata o río, aos pés da Fraga. É un bo sitio para descansar e repoñer forzas, cobixados pola sombra.
Continuamos a ruta polo camiño ata chegar á ponte medieval e contemplar o magnífico espectáculo do auga que o río Sesín presenta en numerosas fervenzas. Pasada a ponte, á esquerda, consérvanse aínda os restos do muiño do que se servían os monxes do Mosteiro. Pola dereita, chegamos ao Mosteiro de San Xoán de Caaveiro, de visita obrigada, recentemente restaurado, e do que xa hai constancia dende o século X.
Fronte a el, a “casa do caseiro”, será o noso punto de retorno, pola senda da Ventureira que ascende en zigzag polas fragas, ata chegar á pista asfaltada que leva á central hidroeléctrica.
Unha vez na estrada, ascendemos pola esquerda durante uns 500 mtrs, ata chegar a un pequeno grupo de casas. Deixamos a estrada pola pista asfaltada á esquerda e continuamos sempre de fronte. Un carreiro levaranos entre prados, terras de labranza e un pequeno piñeiro, ata o punto de partida. nto de partida.
AMPLIACION DA RUTA:
Dende a pista asfaltada da central hidroeléctrica, podemos continuar pola esquerda ata o lugar da Estoxa, onde se atopa o Restaurante Casa Peizás, e unha vez neste punto, virar á esquerda cara a O Pazo, ata chegar ao punto de partida. A ruta é fatigosa pero moi gratificante porque permítenos gozar dun entorno privilexiado e dunha natureza sen igual.

    Sello de validación XHTML 1.0 Transitional  |   CSS válidas y revisadas con el revisor de CSS del W3C   |   Cumple el nivel Doble A de accesibilidad de acuerdo con las Directrices de Accesibilidad del WAI   |   Cumple el nivel Triple A de accesibilidad según el revisor HERA    |   Información Legal  |   Accesibilidade |        © 2006  Eventi |