Imagen estática sustituyendo al contenido multimedia

Concello da Capela: rutas turísticas

Mapa Ruta do Belelle

Ruta do Río Belelle:


A ruta transcorre pola ribeira do río Belelle, no tramo dende Formariz ata Cabalar.

Para chegar ó punto de partida, farémolo dende a estrada Cabanas- As Pontes. En As Neves, e fronte ó Concello, desviámonos á esquerda no indicador Barreiro, Machuco.
A 0,2 Kms viramos cara a dereita, para, 100 mtrs mais adiante seguir dirección Barreiro, Machuco e 400 metros mais adiante seguimos po-la esquerda dirección Cadabal, Coto, Vilardemouros.
Seguimo-los indicadores que nos levan ó albergue do Barreiro e ó Machuco. Eiquí podemos deixa-lo coche e contemplar esta importante obra de ferrería hidráulica romana.
A poucos metros adentrámonos xa na ruta, po-la senda que bordea o regato de A Graña. Pola súa marxe dereita percorrémolo ata atopármonos coa súa orixe, no río Belelle. Poderemos antes admirar o Muiño do Barreiro, un dos muiños de auga mais grandes de A Capela, de propiedade particular e, na estrada, a Igrexa de Sta. Mª de Cabalar. Voltamos á senda, co río a nosa esquerda, que nos adentrará nas Fragas disfrutando da variopinta vexetación e do relaxante murmurio da auga. Continuamos bordeando o Belelle durante uns 4 Km aproximadamente ata chegar a unha pequena ponte de madeira que nos permite pasar á outra veira do río. Ainda que podería continuarse po-la marxe dereita, este percorrido presenta mais dificultade. Así pois, cruzamo-la ponte e continuamos po-la marxe esquerda.
Deseguida veremos que o río desaparecéu baixo unhas grandes rochas que po-lo efecto das choivas fóronse desprendendo no seu canle. Eiquí recomendamos adentrarse un pouco na fraga po-lo pequeno sendeiro que se divisa, para poder salvar este obstáculo, xa que pretender pasar sobre as rochas entraña mais risco. Este é o tramo mais difícil da ruta . Unha vez sorteado este obstáculo, voltaremos de novo á veira do río.
Teremos acadado a nosa meta: o área recreativa de Formariz, na que poderemos repoñer folgos servíndonos das suas mesas, bancos e lareiras de pedra.
Eiquí, ó outro lado da pista asfaltada, ainda poderemos contemplar unha pequena presa e as súas fervenzas e cómo o Belelle se adentra na frondosa fraga.

A volta ó punto de partida podemos facelo polo mesmo camiño, ou pola pista asfaltada.

    Sello de validación XHTML 1.0 Transitional  |   CSS válidas y revisadas con el revisor de CSS del W3C   |   Cumple el nivel Doble A de accesibilidad de acuerdo con las Directrices de Accesibilidad del WAI   |   Cumple el nivel Triple A de accesibilidad según el revisor HERA    |   Información Legal  |   Accesibilidade |       © 2006  Eventi |