Imagen estática sustituyendo al contenido multimedia

Concello da Capela: Patrimonio

Fonte

Patrimonio Etnográfico :

Unha vez constituido o Patronato do Museo Etnográfico de A Capela, preséntase un primeiro obxectivo, que é a busca dunha ubicación axeitada e estable para as máis de 700 pezas que conforman a “colección etnográfica” ata agora diseminadas polos corredores e outras dependencias do Colexio “Mosteiro de Caaveiro”.

frecha dereita

Logo de barallar diferentes opcións, xorde a idea da Casa Rectoral de Santiago da Capela, no lugar de “O Pazo”:

frecha dereitaUnha casa de tres alturas, e de superficie dabonda para albergar tódalas pezas.

frecha dereitaUnha construcción de gran valor arquitectónico, na que destaca o gran forno que se prolonga en toda a altura da edificación.

frecha dereitaSituada no centro dun nucleo rural lindante co Parque Natural das Fragas do Eume, a escasos metros da Igrexa parroquial de Santiago da Capela, recentemente restaurada, e cunha ampla zona de aparcamento.

frecha dereitaNo Pazo comenza o sendeiro que, discurrindo polo antigo camiño medieval, leva ata o Mosteiro de Caaveiro, do cal, segundo algunhas referencias, foi “casa prioral”.

A creación do museo, e a sua ubicación na Rectoral de O Pazo, comprementase á perfección con outros proxectos actualmente en marcha no noso Concello; o plan de ordenación das Fragas do Eume, a restauración de San Xoan de Caaveiro, e o desenvolvemento do programa Leader posto en marcha polo grupo Euroeume.

O Pazo, no borde mesmo do Parque Natural, presentase como o punto idoneo de partida dun circuito que, discurrindo sempre polo interior das Fragas do Eume pasaría por:

frecha dereitaVisita ó Lugar do Pazo, coa Igrexa Parroquial de Santiago de A Capela (seculo XII), o seu cruceiro, e outras construccions de interese como o lavadoiro situado entre a Igrexa e a Rectoral.

frecha dereitaMosteiro de San Xoan de Caaveiro, ó que se chega a través do antigo camiño medieval, camiño orixinal de acceso ó Mosteiro.

frecha dereitaAntiga Central hidroeléctrica da Ventureira, unha das primeiras construidas en Galicia a principios do século XX, que serviu para xerar enerxía eléctrica para a cidade de A Coruña.

frecha dereitaVisita ó conxunto etnográfico dos muíños do Sesin, recentemente restarurados polo Concello.

    Sello de validación XHTML 1.0 Transitional  |   CSS válidas y revisadas con el revisor de CSS del W3C   |   Cumple el nivel Doble A de accesibilidad de acuerdo con las Directrices de Accesibilidad del WAI   |   Cumple el nivel Triple A de accesibilidad según el revisor HERA    |   Información Legal  |   Accesibilidade |        © 2006  Eventi |