Imagen estática sustituyendo al contenido multimedia

Concello da Capela: Patrimonio

Fonte A Capela conta cun importante patrimonio arqueolóxico da época prehistórica e protohistórica. Son de destacar, da época neolitica, a concentración de mámoas do Alto da Serra, e da Serra do Forgoselo (unhas 30, actualmente catalogadas); O poboado Castrexo do Cruceiro, na parroquia de Caaveiro, e as insculturas petreas de “a pena dos Mosqueiros” en Gunxel, e os Corregosos en Vilardemouros.

Para salvar esta cultura forxada no trascorrer do tempo, pero que xa se ía borrando paseniñamente coa memoria dos máis vellos, iniciase no CEIP Mosteiro de Caaveiro, no ano 1980, unha experiencia sociopedagóxica consistente en ”facer unha mostra permanente cós obxectos recollidos polos rapaces nas súas casas, propios da cultura tradicional popular, e que pouco a pouco ian quedando esquecidos” Aquela experiencia foi medrando, e co paso dos anos rematou sendo unha Colección Etnográfica de gran interese e valor porque permite facerse cunha imaxe bastante aproximada de como vivían as nosas xentes nun pasado aínda bastante recente; un xeito de vida que comenza a desaparecer nos anos 60, cando a industria e o mercado irrumpen cambiando drasticamente as formas de traballar (chegan as máquinas) e facendo desaparecer paulatinamente moitos oficios e actividades que ata entón supoñian o sustento de moitas familias.
Os obxetivos marcados nos seus comenzos, foron acadados plenamente, manifestándose no recoñecemento de toda a comunidade educativa e dos veciños, que pouco a pouco se foi estendendo tamén fora de A Capela e da comarca Actualmente,esta Colección Etnográfica forma parte do Censo Galego de Museos, pero, debido entre outras causas a falta de financiación, falta de espacio, e instalacións inadecuadas, falta de persoal para actividades de mantemento etc. xorde a necesidade de buscar outras perspectivas para a continuidade da colección. Nesta busqueda, no ano 2001, o Concello de A Capela, e o CEIP “Mosteiro de Caaveiro” acordan a creación de unha asociación denominada 'Patronato do MUSEO ETNOGRÁFICO DE A CAPELA' co fin de ser un valorizador integral do patrimonio cultural de A Capela; a este novo proxecto unense como membros todalas asociacións veciñais, culturais, etc. pertencentes ó Concello, amais doutros socios particulares.

Os obxectivos do Patronato orientanse á investigación, estudio, difusión, conservación, defensa e promoción da cultura galega.a través do seu patrimonio etnográfico. Así, o 16 de Decembro do ano 2006, inaugúrase o MUSEO ETNOGRAFICO DA CAPELA , no que se recolle unha ampla mostra deste patrimonio.

+ información

    Sello de validación XHTML 1.0 Transitional  |   CSS válidas y revisadas con el revisor de CSS del W3C   |   Cumple el nivel Doble A de accesibilidad de acuerdo con las Directrices de Accesibilidad del WAI   |   Cumple el nivel Triple A de accesibilidad según el revisor HERA    |   Información Legal  |   Accesibilidade |        © 2006  Eventi |