Concello da Capela: monumentos
Arquitectura Relixiosa:
A arquitectura relixiosa da Capela remóntase ós séculos XII e XIII, sendo o conxunto máis emblemático o Mosteiro de Caaveiro, que data do século XII e está situado no interior das Fragas do Eume, nunha paisaxe sen igual.
Outra construcción da mesma época é a igrexa parroquial de Santiago da Capela , no lugar de Pazo, de planta románica, na que destaca a torre campanario á que se accede dende o exterior mediante unha escaleira de pedra, que torna de caracol no interior da torre.
Do século XIII é a capela de Nosa Señora das Neves, de orixe románica, planta rectangular dunha soa nave e unha torre engadida do século XIX de planta cadrada e campanario de catro arcos, coroado por unha cúpula de media laranxa.
A igrexa parroquial de San Braulio de Caaveiro. A ábside é do século XIII e a fachada do XIX; é de planta rectangular dunha soa nave, de fachada simétrica cun campanario central de dous ocos rematados en pináculos. A igrexa parroquial de Santa María de Cabalar, de estilo barroco do século XIX. De planta rectangular dunha soa nave e fachada simétrica cun campanario central de dous ocos rematados en pináculos con bola.De tipo relixioso son tamén os cruceiros, como os do Pazo, Cabalar e As Neves.
Arquitectura Popular :
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Mención especial merecen os muíños de auga, moi abundantes en calquera dos ríos que regan A Capela. Algún destes muiños pódese visitar e ver en funcionamento.
Da importancia da auga na forma de vida da poboación da Capela da boa mostra a existencia dunha ferrería hidráulica, o machuco, de gran tamaño, que se atopa no río da Graña, e é unha das poucas construccións deste tipo que existen en Galicia.


