Imagen estática sustituyendo al contenido multimedia

Concello da Capela: gastronomía

As características que definen a gastronomía da Capela son a calidade dos productos da terra, a cociña familiar e artesanal feita con esmero, e a elaboración con productos naturáis.

 
Mel natural

RequeixoUn dos productos de maior significación que se atopa nesta comarca é o mel. As características do clima, vexetación e solo orixinan diversos tipos de mel de excelentes cualidades e sabores, sendo as clases máis habituáis o mel de brezo e outros arbustos, o de eucalipto, e o de milfroles.

A marca "Mel da Fraga de Caaveiro" está incluída na denominación específica "Mel de Galicia" en recoñecemento a sua calidade e naturalidade.

Outro producto destacable é o requeixo. Elabórase nesta zona dende hai moitos anos, tendo as súas orixes nos gandeiros que transmitiron, xeración tras xeración, a técnica da elaboración tradicional deste derivado lácteo. De feito, posúe unhas características especiais que fan que a súa ubicación se centre nesta zona e se diferencie de productos típicos doutras zonas de España e do extranxeiro.
Tarta de queixo Ademáis, se ben o producto pódese consumir so, o habitual é servilo acompañado de azucre, mel ou sirope, polo que se incrementa o aporte protéico. Por outra banda, é importante sinalar que tamén utilízase como ingrediente de reposteiría Repostería
    Sello de validación XHTML 1.0 Transitional  |   CSS válidas y revisadas con el revisor de CSS del W3C   |   Cumple el nivel Doble A de accesibilidad de acuerdo con las Directrices de Accesibilidad del WAI   |   Cumple el nivel Triple A de accesibilidad según el revisor HERA    |   Información Legal  |   Accesibilidade |        © 2006  Eventi |