Concello da Capela: festas e tradicións
A Rapa das Bestas:
O rito consiste en marcar e"rapar" as crins dos cabalos. Os cabalos son pequenos e robustos, adaptados durante séculos ásupervivencia nunhas montañas nas que a crudeza do invierno é a sua única compaña. No verán, polo contrario, os visitantes presencian con frecuencia un espectáculo conmovedor cando o lonxe descubren as siluetas dos cabalos buscando a brisa refrescante sobre a cima do monte.
A "rapa" ten lugar no "curro", recinto onde se acorrala ás bestas. Os cabalos salvaxes viven libres nas montañas. Alí, os máis expertos gandeiros, os chamados “agarradores”, manteñen un forcexeo desmesurado co cabalo, ó que acaban reducindo, tra- lo cual cortan suas crins e o marcan. Os animais máis xóves son postos de novo en liberdade, cos garañons e as potras.O mencer, os mozos suben ó monte dirixidos polo bestilleiro e van acorralando ós cabalos. O ritualo empeza con a baixa: a operación de acoso, acorralamento e conducción das ieguadas que, en espectacular galopada, van descendendo ata chegar ó curro . Neste realízase a rapa das bestas. O traballo de separalas é un fervideiro de homes e bestas que pelexan entre sí. Os homes, tratando de montalas e inmovilizalas, mentras que as bestas deféndense revolvéndose, alzándose, couceando e relinchando.
É un espectáculo de extraordinaria forza e vistosidade que, como xa se dixo, ten lugar no “curro”.
En torno á “Rapa das Bestas” organizase unha auténtica romería que o convierte nunha manifestación claramente festiva. Todo un espectáculo para disfrutar dunha das tradicions galegas máis ancestrais.
A Festa do Requeixo:
Festa
de tipo gastronómico. Celébrase o último domingo do mes de Agosto. Organizada polo Concello, esta festa de gran tradición e con moita sona en toda a comarca, vense celebrando dende o ano 1.989 e nela ofrécese degustación de tarrinas de 250 grs. de requeixo con mel. Repártense 20.000 racións para as que son necesarios 10.000 ltrs. de leite. A festa continúa ó longo de todo o día con actuacións de grupos folcróricos e con feira de artesanía e de material agrícola.
Tamén se celebran outras festas de tipo relixioso como:
| Festa Parroquial da Capela | Celébrase o 25 de xullo | |
| Romaría da Nosa Señora das Neves | Celébrase o 5 de agosto | |
| Festa Parroquial de Santa María de Cabalar | O 15 de agosto | |
| Festa Parroquial de San Braulio de Caaveiro | Celébrase a 1ª semana de setembro | |