Imagen estática sustituyendo al contenido multimedia

Concello da Capela: situación

mapa de información togográfica de A CapelaXeografía:

A Capela, é un pequeño concello (59 km ) da comarca do Eume, formado por tres parroquias: Santiago de Capela, San Braulio de Caaveiro e Santa María de Cabalar.

Cunha altitude media de 450 m., o seu relevo artellase nunha sucesión de serras e montañas que funcionan como divisoria das augas dos dous ríos que o atravesan, o Eume e o Belelle.

Eume e os seus afluentes de forte pendente, enmarcan un espacio único en Europa: “O Parque Natural das Fragas do Eume”. O Belelle, que cos seus afluentes que baixan da Serra do Forgoselo, cruza o Concello de leste a oeste, formando unha xeira de vales e pequenas fragas. O conxunto, configura dende sempre unha paisaxe que constitúe unha autentica reserva ecolóxica, e, como non, establece o carácter e forma de vida das xentes que o habitan.
Este importante patrimonio natural precisa de actuacións de conservación e de posta en valor, actuando na interpretación de paisaxes habitables, e na sua difusión nos roteiros que se establezan.

Na actualidade, o Concello, dentro do seu programa de 'turismo en ruta' ten estructuradas tres rutas de sendeirismo: Ruta de Caaveiro, Ruta do Belelle, Ruta dos Muiños.
    Sello de validación XHTML 1.0 Transitional  |   CSS válidas y revisadas con el revisor de CSS del W3C   |   Cumple el nivel Doble A de accesibilidad de acuerdo con las Directrices de Accesibilidad del WAI   |   Cumple el nivel Triple A de accesibilidad según el revisor HERA    |   Información Legal  |   Accesibilidade |        © 2006  Eventi |