Concello da Capela: situación
¿Onde se atopa?
A Capela é un concello situado ó norte da provincia da Coruña, culminado pola Serra do Forgoselo e lindeira co concello de San Sadurniño ó norte. O río Eume e o seu val constitúen un límite natural co concello de Monfero ó sur. Ó leste compártese fronteira co concello de Cabanas, tendo territorio colindante tamén cos concellos de Fene e Neda.
O termo municipal da Capela, cunha superficie de 59 km2, está dividido en tres parroquias: A Capela, Caaveiro e Cabalar, e pertenece á comarca do Eume.
Ten unha poboación de 1.520 habitantes a 01.01.2003, cunha densidade de 25,7 persoas por km2
É un concello pequeno, que conta con todo o necesario para pasar uns días de lecer: amplias ofertas de aloxamentos, restaurantes, infraestucturas culturais e deportivas e animadas festas tanto patronais como gastronómicas, ou as que rememoran costumes ancestrais.