Imagen estática sustituyendo al contenido multimedia

Concello da Capela

Sr.Alcalde

Saúda do Sr. Alcalde

 

Benvidos (queridos amigos e amigas) á páxina web do Concello da Capela, un pequeno municipio rural onde as novas tecnoloxías nos achegan ata vos, sen distancia nin barreiras que nos permite que nos coñezades.

Como Alcalde confío en que voltaredes a visitarnos, xa que o noso concello está cheo de boa vontade para recibirvos, darvos unha aperta e abri-la porta para amosarvos as nosas virtudes e nobleza do noso corazón.

Dende a nosa humildade, non exenta de luxos, podedes coñece-las nosas actividades, degusta-la nosa exquisita gastronomía, descansar nas nosas casas rurais e pasear polas sendas á marxe do río e as rotas de senderismo que vos conducen a coñece-los muíños, as fontes, o Mosteiro de Caaveiro e ata lugares recónditos e tan fermosos que a natureza foi labrando durante séculos.

Cordialmente recibide unha aperta.

O Alcalde-Presidente: Anxo López Sueiro.

 

    Sello de validación XHTML 1.0 Transitional  |   CSS válidas y revisadas con el revisor de CSS del W3C   |   Cumple el nivel Doble A de accesibilidad de acuerdo con las Directrices de Accesibilidad del WAI   |   Cumple el nivel Triple A de accesibilidad según el revisor HERA    |   Información Legal  |   Accesibilidade |       © 2006  Eventi |