Imagen estática sustituyendo al contenido multimedia

Concello da Capela: historia

imaxe do mosteiro de Caaveiro no ano 1896Historia do Concello da Capela:

No antigo réxime o que na actualidade é o término municipal da Capela pertencía á Xurisdicción de Caaveiro. Cando se forman os Concellos Constitucionais nos dous períodos liberais de principios do século XIX, constitúese o denominado Concello de Caaveiro, que pertence ó Partido Xudicial de Pontedeume.

En setembro do ano 1836 o Concello de Cabanas solicita á Deputación a segregación da parroquia de Cabalar para que lle sexa engadido á mesma; con posterioridade no proxecto de reducción de Concellos aprobado pola Deputación da Coruña na sesión de cinco de abril de 1842, o Concello da Capela seguía como cabeceira dun término municipal de dezaseis parroquias, tódalas súas e máis a de Vilabella das Pontes de García Rodríguez, Sillobre e Magalofes de Fene, Regüela, Salto e Soaserra de Cabanas, pero o mencionado proxecto non se levou á práctica.

Con posterioridade, por resolución de xullo de 1925, a parroquia de San Boulo de Caaveiro é segregada de Cabanas é integrada no Concello da Capela.

Derradeiramente polo decreto 107/1982 do 8 de xullo da Xunta de Galicia segregánse do Concello da Capela as parroquias de Bermui, Espiñaredo, Eume, Ribadeume, Faeira, Goente e o Seixo que pasan a integrarse no Concello das Pontes.

    Sello de validación XHTML 1.0 Transitional  |   CSS válidas y revisadas con el revisor de CSS del W3C   |   Cumple el nivel Doble A de accesibilidad de acuerdo con las Directrices de Accesibilidad del WAI   |   Cumple el nivel Triple A de accesibilidad según el revisor HERA    |   Información Legal  |   Accesibilidade |        © 2006  Eventi |